Windows Mobile estrea aplicación para Facebook

venres, 8 de maio do 2009 Marcus Fernández

Tras un tempo circulando copias de proba pola Internet, a aplicación de Facebook para Windows Mobile xa é oficial, de xeito que os usuarios de smartphones poderán interactuar coa rede social máis de moda podendo enviar mensaxes aos amigos, capturar imaxes e vídeos co teléfono e subilos a Facebook, chamar ou remitir SMS aos nosos amigos e administrar o perfil de usuario e publicar no mesmo en calquera momento e dende calquera lugar.
O programa para Windows Mobile estaría a medio camiño entre a versión para BlackBerry e a de iPhone, e agárdase que veña de serie nas futuras versión do sistema operativo móbil de Microsoft.

PUBLICIDADE