Windows Live Writer xa pode xestionar comentarios en WordPress
mércores, 21 de outubro do 2009
Non son poucos os blogueiros
que gustan de compoñer as súas publicacións a través da ferramenta de
escritorio Windows Live Writer, pois fai doado coñecer a aparencia real do
publicado, asà como converte en trivial a carga de fotografÃas e o seu
reescalado, pero os usuarios de WordPress poden xa gozar dunha nova prestación
a través un engadido, que incorpora
á aplicación a posibilidade de administrar os comentarios do blog,
de xeito que o uso do panel de control web convértese cada vez en algo menos
necesario.
O Wordpress Comments Plugin instálase copiando o ficheiro
WordpressPlugin.dll no cartafol de plugins do Windows Live Writer, tras o que aparecerá unha ligazón
de Comment Management… no panel de
tarefas da aplicación.