Windows 8.1 incluirá Skype

venres, 16 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Microsoft parece querer aproveitar o feito de ter mercado a empresa creadora de Skype, e ao igual que integra esta ferramenta de comunicación na Xbox One e nos móbiles con Windows Phone 8, agora confirman que será unha prestación chave en Windows 8.1, de xeito que estará dispoñible tan pronto acendamos o noso ordenador, de xeito que non teremos que instalar a aplicación de xeito independente para poder gozar da mesma dende o sistema operativo de Microsoft, facilitando a mensaxería instantánea de texto, voz e vídeo.
Con Skype preténdese completar a oferta de servizos dispoñibles en Windows 8.1 dende o minuto 1, de xeito que o usuario poderá comunicarse cos seus amigos e familiares, navegar pola Internet, almacenar os seus ficheiros en liña, reproducir música e vídeo e xogar directamente co software incluído no sistema operativo: Outlook.com, Skype, Internet Explorer, SkyDrive, Xbox Música, Xogos, Vídeo, os servizos de Bing, Correo, Calendario, Xente, Cámara, Lista de Lectura, Fotos, Mapas, Alarmas, Calculadora, Lector, Gravador de Son e Escáner son as ferramentas que Microsoft propón para o uso diario.

PUBLICIDADE