Windows 8.1 chegará oficialmente o 17 de outubro

mércores, 14 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Microsoft insta a gardar no noso calendario a data de lanzamento da actualización de Windows 8

As informacións que apuntaban a que Windows 8.1 vería a luz oficialmente no mes de outubro veñen de confirmarse, e dende Microsoft anuncian que a partir as 13:00 horas do 17 de outubro comezará a distribuírse a actualización de balde de Windows 8 entre os servidores da tenda de descargas de Windows, á vez que ese día será cando comezarán a venderse equipos que inclúan tal versión do sistema operativo de Microsoft.
Windows 8.1 continúa na senda iniciada por Windows 8, con melloras principalmente nos niveis de personalización do sistema, e xa está dispoñible na súa versión preliminar tanto na versión estándar como na corporativa, para que os usuarios avanzados (principalmente responsables de sistemas e desenvolvedores de software) poidan comprobar o funcionamento da nova versión de Windows no seu contorno de traballo e coas súas aplicacións.

PUBLICIDADE