Windows 7 patrocinará un especial de Padre de Familia

mércores, 14 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Seth MacFarlane posando cos personaxes da súa serie de televisión

Dentro da campaña publicitaria para promocionar o lanzamento do sistema operativo Windows 7 incluirase un episodio especial da serie Padre de Familia que emitirase o 8 de novembro nos EE.UU., que non terá pausas publicitarias por estar integramente patrocinado por Microsoft.
A Fox chegou a un acordo con Microsoft para producir este episodio especial da serie televisiva de Seth MacFarlane, que polo momento ten o nome provisorio de Family Guy Presents: Seth & Alex’s Almost Live Comedy Show e que mesturará actuacións musicais de Padre de Familia, curtas de animación e artistas convidados, de xeito que o Windows 7 estará integrado nos contidos do espectáculo.
Entendemos que esta iniciativa non afectará ao episodio da serie previsto para tal data (Brian’s Got a Brand New Bag), senón que o complementará. No mundo real tamén terá unha contrapartida, de xeito que os personaxes da serie, Stewie e Brian, presentarán unha serie de noites de cine ao aire libre ás que poderán asistir os estudantes que proben Windows 7 nunha campaña de 12 semanas que emprenderá Microsoft nos EE.UU.

Na serie chegaron a facer burla de Bill Gates, amosándolle un iPod (Apple) en vez dun Zune (Microsoft)


Exemplo do tipo de curtas que emitirán no programa especial da Fox

PUBLICIDADE