Windows 10 funcionará con procesadores ARM
venres, 9 de decembro do 2016
Microsoft celebrou en Shenzhen (China) un
novo evento Windows Engineering Community (WinHEC) no que amosaron xunto
cos seus partners a súa visión do que
será o futuro dos ordenadores, da realidade mixta, dos videoxogos... adiantando
detalles sobre as novidades que en poucos meses achegará Windows 10 e que son
moi prometedoras.
Unha das últimas iniciativas que estarÃan a emprender Microsoft e Intel serÃa o
Project Evo, que achegará novos xeitos de relacionarse con dispositivos que
teñamos ao noso redor, de xeito que poderemos empregar Cortana para iniciar a
reprodución musical no habitación na que esteamos, aproveitaremos Windows Hello
para identificarnos de xeito biométrico e ter un maior nivel de seguridade,
poderemos gozar de sistemas de realidade mixta a prezos asumibles e tamén
levarase ao ámbito dos videoxogos as últimas tecnoloxÃas (vÃdeo 4K, HDR, audio
espacial...).
Precisamente sobre a realidade mixta Microsoft conta con poder popularizar esta
tecnoloxÃa en 2017, de xeito que, aÃnda que HoloLens continúa a ser unha
tecnoloxÃa moi ambiciosa en desenvolvemento, en poucos meses comezaremos a ver
no mercado cascos de realidade mixta de fabricantes como Acer, Asus, Dell, HP e
Lenovo a prezos moderados, abrindo unha revolución que facilitará gozar de
aplicacións universais de Windows en plan Minority
Report, poder amosar obxectos 3D da web no mundo real, introducirse en
contido inmersivo WebVR a través de Microsoft Edge e incluso poder reproducir
vÃdeos de 360 graos dende a aplicación de Filmes
e programas de TV de Windows.
Windows 10 máis móbil
Pero os
grandes anuncios realizados durante o WinHEC foron relativos ao contorno móbil,
xa que Microsoft adiantou que nas futuras actualizacións de Windows 10 van
incorporarse unha serie de tecnoloxÃas que facilitarán a conectividade móbil de
equipos con Windows, incluÃndo o soporte de tarxetas eSIM (ou sexa SIM
virtuais) de xeito que numerosos equipos informáticos (ou con distintos
factores de forma) poderÃan gozar dun plan de datos dun xeito doado.
AÃnda que o máis rechamante é o feito de que, grazas a un acordo con Qualcomm,
Windows 10 pasará a funcionar con procesadores ARM, pero non limitándose ás
aplicacións universais (como cando saÃu Windows RT) senón correndo tamén
aplicacións x86 Win32, de xeito que ordenadores, tabletas e, no futuro, incluso
smartphones, poderÃan facer funcionar aplicacións como o Microsoft Office, o
Adobe Photoshop e incluso videoxogos, o que facilitará a creación de equipos
completos máis portátiles, levando a un novo nivel o estado actual de equipos
convertibles (que na súa gama media-baixa estaban conxelados tras o abandono de Intel dos procesadores Atom ao
considerar a compañÃa que non era capaz de competir dignamente cos procesadores
ARM en mobilidade).
VÃdeo de demostración dun equipo cun procesador ARM de Qualcomm correndo Windows 10