Wikango, avisador de radares para o iPhone

mércores, 15 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Aproveitando que o iPhone 3G e o 3GS incorporan un receptor GPS, a xente de AlerteGPS publicou unha aplicación de balde para estes trebellos chamada Wikango que válese da posición do terminal para alertar da proximidade de radares da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) nas estradas españolas.
Esta información achégase a través de fontes públicas, de xeito que o uso desta aplicación para o iPhone é totalmente legal, xa que non consiste na detección real dos radares, senón que o programa simplemente actual coma avisador.
Wikango xa leva tempo dispoñible para outros dispositivos móbiles, e agora pode empregarse tamén dende os móbiles de Apple, o que agradecerán moitos usuarios destes populares terminais.

PUBLICIDADE