WhatsApp permitirá iniciar chamadas a través de ligazóns

martes, 27 de setembro do 2022 Marcus Fernández

WhatsApp está a implantar a posibilidade de xerar ligazóns que permitan iniciar chamadas (de voz ou de vídeo) nun único toque, sen que sexa preciso comunicar o noso número telefónico á persoa coa que desexemos falar (que tampouco terá que introducir o noso número nos seus contactos), o que pode resultar moi práctico para comunicacións puntuais. Outras plataformas de videochamada xa ofrecen dende hai tempo a posibilidade de iniciar conversas a través de ligazóns, polo que podemos entender que con esta nova prestación WhatsApp busca ampliar os seus usos, para que os usuarios non teñan que recorrer a outras ferramentas como Zoom ou Google Meet.
Mark Zuckerberg tamén anunciou que están a probar as videochamadas cifradas de xeito seguro con até 32 participantes (actualmente soportan até 8 particpantes por videochamada), funcionalidade que chegará a todos os usuarios en breve, e que confirmaría a intención de Facebook de competir a través de WhatsApp coas plataformas de videoconferencia que tanta popularidade conseguiron durante a pandemia.

PUBLICIDADE