WhatsApp para Windows recibe varias melloras

martes, 22 de novembro do 2022 Marcus Fernández

A versión de escritorio de WhatsApp xa conta con enquisas

A versión para Windows de WhatsApp está a recibir novidades nos últimos días, e ao igual que moitos usuarios xa poden crear enquisas dentro das conversas, os que teñen instalada a versión beta de WhatsApp poden agora tamén ver unha pestana destinada ás chamadas dentro da aplicación de mensaxería na súa versión de escritorio, ou sexa, que teremos dispoñible o historial de chamadas (pois as chamadas de voz e vídeo hai moito que están dispoñibles dende o escritorio).
Tamén aseguran que están a traballar nunha función para a aplicación de WhatsApp para escritorios informáticos que resultará moi práctica, e que consisten en poder bloquear a aplicación con contrasinal para evitar miradas alleas nas mensaxes cando se comparte equipo con outros usuarios.

Finalmente a versión para Windows de WhatsApp integra unha pestana para acceder ao historial de chamadas

PUBLICIDADE