WhatsApp incorporará chamadas de voz sobre IP

luns, 24 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Jan Koum na súa intervención no MWC

Que hoxe estean presentes no Mobile World Congress de Barcelona os máximos responsables de WhatsApp e Facebook é algo que está a captar moita atención no evento, e estes persoeiros non parecen querer decepcionar, e Jan Koum comezou forte anunciando que WhatsApp chegou xa aos 465 millóns de usuarios activos ao mes (dos que 330 millóns usan o servizo diariamente) e adiantando que, ao igual que tamén fan competidores como LINE ou Viber, incorporarán servizos de voz á súa aplicación antes do verán, inicialmente para iOS e Android, e máis adiante tamén para dispositivos de Nokia e BlackBerry.
Koum insistiu en que o acordo de compra por parte de Facebook non suporá cambios no funcionamento de WhatsApp, que continúa sen ter previsto incluír publicidade no seu servizo.

PUBLICIDADE