WhatsApp fai máis doada a creación de adhesivos
mércores, 6 de marzo do 2024
Os usuarios da versión beta de WhatsApp para Android están xa a poder gozar dunha funcionalidade dispoñible en WhatsApp Web e na versión para iOS da aplicación: o editor de adhesivos. Deste xeito ultÃmase a xeneralización dunha ferramenta que facilite a creación e personalización dos adhesivos que tan populares son nesta plataforma de mensaxerÃa.
A nova función permite editar os adhesivos que teñamos descargados no noso dispositivo, para asà poder escribir texto ou debuxar sobre os mesmos para crear un adhesivo novo, aÃnda que o máis interesante deste editor é a posibilidade de crear un adhesivo a partir de imaxes que teñamos en WhatsApp, simplemente escollendo a opción de Crear sticker, tras o que podemos editar o adhesivo creado automaticamente.
Prevese que esta función chegue a todos os usuarios de WhatsApp en poucas semanas.