WhatsApp chega oficialmente a Wear OS

mércores, 19 de xullo do 2023 Marcus Fernández

En maio os usuarios da versión beta de WhatsApp comezaron a poder empregar unha versión da aplicación de mensaxería para Wear OS, ou sexa, que nos reloxos conectados promovidos por Google era posible acceder ás mensaxes de texto e voz de WhatsApp sen ter que limitarse a atender as notificacións da aplicación como acontece no resto de smartwatches do mercado.
Agora estase a espallar entre os usuarios da aplicación oficial de WhatsApp a versión compatible con Wear OS, de xeito que os usuarios que teñen un reloxo Samsung Galaxy Watch4/Watch5 ou un Pixel Watch (entre outros) poden empregar o reloxo para enviar e recibir mensaxes de texto e voz, así como respostas rápidas, o que incrementa amplamente a utilidades dos reloxos conectados, especialmente dos que teñen conectividade móbil, xa que fai cada vez máis factible que un usuario poida saír de casa sen o smartphone e manterse así igualmente conectado.
Cómpre salientar que estamos ante as primeiras versións da app de WhatsApp para Wear OS, polo que prevese que no futuro a aplicación poida realizar tarefas máis avanzadas, facéndose cada vez máis completa e práctica.

Os reloxos con Wear OS pode agora operar dun xeito bastante completo con WhatsApp

PUBLICIDADE