WeChat presume de ter 300 millóns de usuarios

martes, 13 de agosto do 2013 Marcus Fernández

O éxito internacional de WhatsApp provocou que outras ferramentas de mensaxería instantánea buscasen chegar ao grande público, valéndose principalmente de fortes campañas publicitarias que se traducen nun grande volume de usuarios rexistrados (o que non parece afectar en absoluto ao líder do sector en uso, que segue a medrar a bo ritmo) e tras un forte desembarco comercial de LINE en mercados onde o español, que permitiu que esta plataforma superase os 150 millóns de usuarios en todo o mundo hai 3 meses, temos agora a WeChat, solución multi-plataforma que presume de ter superado os 300 millóns de usuarios (que non son usuarios activos, como WhatsApp, estando moi lonxe da súa penetración real de mercado).
Actualmente WeChat está a ter moita visibilidade en España grazas á súa campaña promocional protagonizada polo futbolista Lionel Messi, e paralelamente está a fornecerse esta plataforma de comunicación con novas aplicacións, de xeito que a iOS, Android, Windows Phone, e Symbian, sumouse o mes pasado BlackBerry 10 á listaxe de sistemas operativos soportados.
Para iPhone temos que a semana pasada WeChat actualizouse á versión 5.0, con novos adhesivos descargables dende a tenda integrada na aplicación, a posibilidade de gardar os contidos favoritos intercambiados nos chats, un sistema máis doado para engadir amigos e novos xestos para moverse entre as distintas conversas. Espérase que en breve estas novidades sexan incorporadas á versión para Android da aplicación (que actualizouse onte mesmo á versión 4.5.1).

PUBLICIDADE