WD, recoñecida como a mellor vendedora de periféricos de 2009

mércores, 25 de febreiro do 2009 Raquel Noya

No marco dos Premios 2009 da EMEA Chanel Academy en Mónaco, a compañía Western Digital Corp., unha das empresas pioneiras e líderes de longa duración do sector do almacenamento dixital, vén de ser nomeada Vendedora de Periféricos do Ano 2009, un premio ao que aspiraban outras moitas compañías consolidadas procedentes de toda a rexión EMEA (Europa, Oriente Medio e África).
Os máis de 400 distribuidores presentes, votaron en directo nas categorías de vendedores e, convidados por Distreee Events como parte da súa conferencia anual Distree XXL 2009, os participantes escolleron aos gañadores nos 9 territorios de distribución e nas 8 categorías de vendedores.
O director senior de Branded Products de WD para EMEA, Didier Trassaert, gabouse deste recoñecemento e asegurou empregalo « como palestra para continuar a escoitar as necesidades dos seus clientes e proporcionarlles as mellores solucións de almacenamento da súa categoría ».
A EMEA Channel Academy distingue aos vendedores que lideran o negocio na súa categoría específica. A cerimonia de entrega dos premios é, segundo os seus responsables, « moi decisiva, xa que os gañadores son escollidos pola propia canle ».

PUBLICIDADE