Vodafone ofrece comunicacións de balde con Ucraína

venres, 25 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

Os clientes de Vodafone que estean en Ucraína contan cos servizos de voz, datos e SMS en itinerancia dende onte e durante 3 días máis, á vez que o operador tamén ofrecerá aos seus clientes de contrato chamadas internacionais e mensaxes de texto de balde para poder contactar con familiares e amigos en Ucraína até o 31 de marzo. Esta iniciativa ampliarase a clientes de prepagamento o vindeiro luns.
A Fundación Vodafone tamén doará medio millón de euros do seu fondo humanitario para as ONE da República Checa, Romanía e Hungría para axudar aos refuxiados de Ucraína. Esta axuda tamén inclúe unha doazón a ACNUR para apoiar as súas actividades sobre o terreo.

PUBLICIDADE