Vodafone oferta fibra de 300 Mbps e fixo a 20 euros/mes

venres, 25 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Vodafone sorprende estes días ao ofertar a súa tarifa de fibra óptica de 300 Mbps con teléfono fixo con chamadas ilimitadas a móbiles e fixos a un prezo de 20 euros/mes, ou sexa, cun desconto permanente de 7 euros, o que resulta especialmente abraiante porque o operador de baixo custo de Vodafone, Lowi, comercializa fibra óptica de 300 Mbps sen teléfono fixo por 24,95 euros/mes.
A oferta de Vodafone yu Fibra é especialmente agresiva grazas, en boa medida, a que só pode contratarse en liña até o remate do presente mes, pasando logo a contratarse por 27 euros/mes. Esta tarifa de fibra é especialmente atractiva para usuarios que xa tiveran contratado fibra de Vodafone, xa que poden activar o servizo a través dun router autoinstalable, mentres que se precisan instalación o prezo da mesma tería un custo de 50 euros (que se cargaría na primeira factura).
Actualmente tamén existe a tarifa yu Móvil + Fibra, que achega fibra de 300 Mbps, fixo con chamadas ilimitadas a móbiles e fixos e móbil 5G con chamadas ilimitadas e 50 GB de datos a un prezo promocional de 20 euros/mes, ou sexa, cun desconto de 4 euros/mes, polo que resulta unha promoción bastante menos agresiva que a que ofrece unicamente fibra, sendo bastante máis recomendable facerse coa liña móbil aparte, por exemplo, coas tarifas de Lowi (que por unha liña móbil con 50 GB de datos cobra 14,95 euros/mes).

PUBLICIDADE