Vodafone lanza unha funcionalidade para acceder á programación de TV recente

venres, 4 de setembro do 2015 Redacción

Vodafone España está a despregar o lanzamento do servizo Últimos sete días, que permite aos usuarios de Vodafone TV acceder ao contido emitido na última semana nunha escolma de 40 canles xa integrados dentro da oferta habitual. Esta funcionalidade, que segundo informa a operadora atópase despregada xa para máis do 60% dos seus clientes, está previsto que chegue ao 100% da rede en novembro, e estará dispoñible para os clientes con paquete de televisión Extra e Total.
Segundo engade a compañía, Últimos 7 días permite ver “calquera programa emitido na última semana para un conxunto de canles sen necesidade de gravar os devanditos contidos, e sen que ocupe espazo no equipo do cliente”. Este servizo, explícase, non ten custo engadido para os clientes e require ser activado por parte do usuario para comezar a gozalo. Para máis información habilitouse unha web específica que ao longo dos días vindeiras irá achegando completos datos sobre o alcance e posibilidades da funcionalidade.

PUBLICIDADE