Vodafone inicia as súas ofertas de Black Friday

xoves, 2 de novembro do 2023 Redacción

Coa desculpa de que en tres semanas se celebra o Black Friday, Vodafone inicia unhas ofertas previas a campaña de Nadal, que terán lugar entre o 3 de novembro e o 4 de decembro, ofrecendo unha selección de trebellos con grandes descontos e envío a domicilio de balde, que estarán dispoñibles para os novos clientes que porten a súa liña móbil a unha tarifa Vodafone Ilimitada Max ou superior (ou sexa, que contraten unha tarifa de 35,60 euros/mes como mínimo), contando tamén con descontos personalizados en función da súa tarifa actual.
Unha das ofertas máis salientables é a PlayStation 5 con disco cun desconto do 35% por 14,99 euros/mes durante 24 meses, pero tamén teñen un Xiaomi 13T cun 45% de desconto, un Samsung Galaxy Book 2 Go cun 52% de desconto, un televisor LG de 55 polgadas cun 56% de desconto, un patinete Xiaomi cun 66% de desconto, un Oppo A98 5G cun 70% de desconto, un Redmi Watch 3 cun 80% de desconto, un Xiaomi Redmi 12C cun 88% de desconto e incluso un Xiaomi Redmi A2 cun 100% de desconto.
Adicionalmente tamén contan cunha selección de móbiles e dispositivos para novos clientes que porten o seu contrato á tarifa yu Móvil + Fibra por 0,99 euros/mes durante 24 meses.

PUBLICIDADE