Vodafone incorpora 600 novas praias á súa cobertura 4G
martes, 3 de xullo do 2018
Vodafone,
como cada ano nos comezos da tempada estival alta, vén de emitir un
parte de cobertura de praias en materia de 4G, un parte informativo
no que tamén se dá conta de fortalecementos e de demandas. En
termos xerais, a operadora fortaleceu a presenza do dito servizo en
600 novos areais. O motivo? Pois alén dos máis evidentes,
cómpre ter en conta que hai zonas turÃsticas da costa que rebordan
de visitantes. Isto tradúcese en datos coma o seguinte: un aumento
medio do 350% en materia de tráfico de datos móbiles, respecto aos
restantes meses do ano.
Ademais,
neste perÃodo estival que estamos a vivir, as praias acumulan máis
dun cuarto do tráfico total da rede. A isto contribúe, tamén, o
remate da itinerancia (roaming) na Unión Europea, co fluxo
extra de datos de turistas que isto implica.
As
medidas tomadas por Vodafone tamén axudarán, en palabras da
operadora, a que os clientes gocen do incremento de datos asociado ás
promocións estivais, por exemplo VideoPass (para gozar de televisión
e vÃdeo sen gastar datos), ou Music Pass (que permite datos
ilimitados en aplicacións móbiles de música), e de TIDAL, que está
dispoñÃbel até tres meses de balde.
A
compañÃa, que dende o verán pasado estendeu a súa rede 4G de
1.256 a 1.846 praias distribuÃdas por toda a costa estatal, sinala
que este último ano incorporáronse á devandita rede un total de
1.029 concellos. A dÃa de hoxe, a cobertura 4G xa ten presenza en
2.067 municipios turÃsticos.