Vodafone estrea o HTC Magic en España

luns, 27 de abril do 2009 Marcus Fernández

O lanzamento do HTC Magic vén precedido dunha conta atrás para causar expectación

Tras o lanzamento do terminal con Android que Telefónica vende en España, o HTC Dream, chega finalmente a súa competencia da man de Vodafone, compañía que venderán en exclusiva para Europa o HTC Magic, pero sorprendendo ao achegar esta tarde este interesante móbil a España, adiantándose a outros países coma Reino Unido (para o que deberán agardar ao día 5 de maio para poder adquirir o terminal).
O HTC Magic chegará cun plan de prezos que lembra ao de dispositivos coma o iPhone, de xeito que cómpre adquirilos cun plan de datos que no caso da operadora británica é de 12 euros/mes, o que permite o acceso á Internet dende o móbil.
O terminal estará dispoñible esta semana só a través da tenda en liña de Vodafone, pasando a poder adquirirse tamén nas tendas a partir da semana que vén, a prezos de entre 19 e 199 euros con portabilidade e compromiso de permanencia de 18 meses, así como a través do Programa de Puntos (de xeito que sairía a uns 159 euros con 2.000 puntos).

Plan de prezos do HTC Magic en España

PUBLICIDADE