Vodafone emitirá fútbol con 4K Ultra HD en locais hostaleiros

martes, 30 de agosto do 2016 Redacción

Vodafone España vén de anunciar que emitirá fútbol con calidade 4K Ultra HD en todo tipo de establecementos hostaleiros, ou sexa os clientes do seu segmento HORECA (hoteis, restaurantes e cafeterías). Segundo explica a operadora, durante a vindeira tempada de fútbol todos os clientes que teñan o paquete Vodafone One Restauración contratado “poderán gozar de partidos de fútbol emitidos co devandito estándar”. En concreto, achegarase un partido en 4K Ultra HD por xornada de Liga a través da Canle LaLiga TV e un partido tamén por xornada de Champions League a través da canle BeINSports.
Para poder beneficiarse da calidade deste formato, o cliente debe contar cunha pantalla ou proxector 4K. Ademais, para garantir ao máximo a calidade, a compañía de telecomunicacións lembra que este servizo é compatíbel con establecementos que teñan unha conexión FTTH/HFC de polo menos 50Mbps.
Lembrar, para os que non o saiban, que o termo “4K” alude a un tipo de resolución de pantalla que ten preto de 4.000 píxeles de resolución horizontal. O tipo de resolución 4K UHDV (2160p) é o xeralmente usado na industria da televisión dixital, de relación 16:9.

PUBLICIDADE