Vodafone dará prioridade ao pagamento por exceso de datos no móbil
luns, 9 de febreiro do 2015
- Actualmente Vodafone está a comercializar unha promoción que elimina o tope habitual de datos no móbil
Nun
momento no que Vodafone está a ofrecer a posibilidade de eliminar a limitación
de transferencia de datos a máxima velocidade na súas tarifas mediante o
pagamento de 2 euros adicionais, o que provocou a emerxencia de rumores de que
poderiamos gozar en breve de auténticas tarifas planas de datos móbiles, chegan
novas informacións no sentido contrario, xa que están a dar conta de que a
partires do 16 de febreiro Vodafone cobrará o exceso de datos de xeito predeterminado
para manter sempre a máxima velocidade no acceso móbil á Internet, mudando asÃ
unha práctica que levaba bastantes anos instaurada, e que era un dos elementos
que diferenciaba a estrutura das tarifas dos distintos operadores.
As tarifas de contrato para falar e navegar (Mini S, Smart, Red e Yu) e as de
Internet móbil, terán activado de xeito predeterminado o Servizo de Máxima Velocidade, que aplicará un custo de 2 euros por
cada 200 MB adicionais até un máximo mensual de 2 GB (20 euros) que serán cando
si pasará a reducirse a velocidade a 32 Kbps (agás que se contrate un bono de
datos adicional). De todos os xeitos, cómpre advertir de que será posible
desactivar este servizo, para asà continuar a funcionar como até o momento.
Este cambio de polÃtica afectará aos novos clientes ou aos cambios de tarifa,
que serán os que teñen o Servizo Máxima
Velocidade activado se non indican o contrario.