Vodafone comercializa fibra óptica en 31 novos concellos da provincia de Lugo

mércores, 1 de xuño do 2022 Marcus Fernández

Vodafone anuncia a despregadura dos seus servizos de fibra e de televisión en 31 novos concellos de Galicia situados en zonas rurais da provincia de Lugo. A compañía xa proporcionaba acceso a conectividade e redes de banda larga fixa a máis de 313 municipios en Galicia e agora tamén en zonas rurais con alta demanda de conectividade, grazas a un recente acordo acadado con Adamo.
Na actualidade, a rede de fibra de Vodafone en Galicia proporciona acceso a 1,4 millóns de unidades inmobiliarias, ás que ofrece paquetes converxentes con fibra óptica até 1 Gbps e televisión, e con 5G e datos ilimitados no móbil. Os usuarios máis esixentes poden acceder á oferta Vodafone One Hogar Ilimitable, que inclúe a mellor conectividade cunha proposta multiliña con 2, 3 ou 4 liñas móbiles con datos ilimitados a máxima velocidade 5G e con fibra. Ademais, a operadora estendeu a todos os seus clientes o servizo Wi-Fi 6, co router Vodafone Wi-Fi 6 Station. Ambos os servizos están incluídos nas tarifas Vodafone One Hogar Ilimitable de 1 Gbps.
Novos concellos de Lugo que dispoñen de acceso a fibra ultrarrápida de Vodafone son os seguintes: A Rilleira (Barreiros), A Seara (Alfoz), Árbol (Vilalba), Begonte, Benquerencia (Barreiros), Burela, Cervo, Covas (Viveiro), A Fonsagrada, Foz, Fazouro, Ferreira do Valadouro, Galdo, Guillar (Outeiro de Rei), Meira, Mondoñedo, Morás (Xove), Outeiro de Rei, Rábade, Ribadeo, Rigueira (Xove), Rinlo (Ribadeo), San Cibrao (Barreiros), San Cosme (Barreiros), San Miguel (Barreiros), Santiago de Reinante (Barreiros), Vilalba, Vilanova de Lourenzá, Vilaronte (Foz), Viveiro e Xove.

PUBLICIDADE