Vodafone anuncia a chegada de dous novos smart

venres, 8 de maio do 2015 Redacción

O modelo Vodafone Smart prime 6

O mercado da telefonía móbil xa conta con dous novos modelos smart 4G e chegan da man de Vodafone España, falamos do Vodafone Smart prime 6 e do Vodafone Smart ultra 6. Os dous móbiles son compatíbeis cos novos servizos: Call+, Backup+ en Dropbox, Secure Net e NFC (Vodafone Wallet), posúen Android 5.0 (Lollipop) coa interface Material Design, unha gran pantalla, cámara e baterías melloradas.
Vodafone Smart prime 6 é un smartphone 4G con pantalla de 5 polgadas e cámara de 8 Mpx. Inclúe Android 5.0, batería de 2500 mAh, cámara frontal de 8 Mpx e NFC para pagamentos móbiles con Vodafone Wallet.
Vodafone Smart ultra 6 é un phablet 4G con pantalla de 5´5 polgadas FHD IPS, 2 GB de RAM e cámara de 13 Mpx con sensor Sony. Estará dispoñíbel en xullo.
Cómpre engadir que Vodafone creou un feed de novas intelixente (Smart News Panel) para os seus smartphones. Está baseado en Flipboard e achega acceso a novas personalizadas e mensaxes. Os terminais Vodafone Smart inclúen un novo packaging 100% reciclábel.
Asemade, os clientes de Vodafone benefícianse de contidos de cinema e series de YOMVI de CANLE+ e música en streaming de Napster incluídos nos plans Rede.
Indo ao miolo: o Vodafone Smart prime 6, fabricado por Alcatel, xa está dispoñíbel. A súa pantalla de 5 polgadas permite gozar de contidos en HD. Inclúe un procesador Qualcomm MSM8916 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1XB de RAM, e Android 5.0 cos servizos e apps de Vodafone. Este Smart prime 6 inclúe un deseño premium con teclas de metal e acabado cromado, e é moi lixeiro (155g.). Outras características son: batería de 2500 mAh, cámara frontal de 8 Mpx e traseira de 2 Mpx, memoria de 8 GB que se pode ampliar con cartón MicroSD de até 64 GB e NFC para pagos móbiles con Vodafone Wallet. Está dispoñíbel con portabilidade e compromiso de 18 meses por 29 euros de custo inicial e 3 euros ao mes (durante 24 meses) con Mini S, que inclúe chamadas a 0 céntimos (e 20 céntimos de establecemento) e 900 MB ao mes para navegar por 11,5 euros ao mes (IVE incluído). Tamén está dispoñíbel con Vodafone One. Por exemplo, con portabilidade e compromiso de 18 meses con Vodafone One 30Mb I M I por 0 euros de custo inicial e 4 euros ao mes (durante 24 meses). Vodafone One 30Mb inclúe fibra a 30 Mbps, chamadas ilimitadas e 2 GB/mes, así como chamadas a fixos nacionais e 60 minutos de fixo a móbil e Vodafone TV Esencial por 54 euros ao mes (IVE incluído). Tamén se pode adquirir en prepagamento por 129 euros con 15 euros de saldo e sen compromiso por 113 euros (IVE incluído).

O modelo Vodafone Smart ultra 6

Pola súa banda, o Vodafone Smart ultra 6 é un phablet de gama alta deseñado por Vodafone e fabricado por ZTE. Inclúe unha gran pantalla de 5,5 polgadas para gozar de vídeos e navegar de xeito cómodo por Internet. Achega 2 GB de RAM para un uso fluído das aplicacións do terminal e cámara traseira de 13 Mpx con sensor Sony e cámara frontal de 3Mpx para selfies. Amais, permite navegar por Internet 4G con velocidades de até 150 Mbps en descarga de datos e gozar de chamadas en HD Voice. Vén equipado coa nova versión de Android 5.0, cun procesador Qualcomm 8939 de oito núcleos a 1,5GHz, batería de 3000 mAh, memoria de 16 GB ampliábel con cartón MicroSD até 128 GB e NFC que permite gozar de todas as vantaxes do pago móbil e cartóns de uso no tempo con Vodafone Wallet. Estará dispoñíbel en xullo en cor branca.
Para rematar, informar da creación doutro novo membro da familia smart, o Vodafone Smart first 6, un smartphone 3G HSPA+ que inclúe pantalla táctil de 4 polgadas, procesador de dobre núcleo e Android 4.4.

PUBLICIDADE