Vodafone agasalla con 1GB aos clientes insatisfeitos coa súa rede de datos 4G
martes, 7 de xuño do 2016
Os clientes
de Vodafone que estean a percibir unha diminución da calidade da súa
rede de datos 4G veranse compensados con 1GB de datos grazas a
esta proposta da empresa de telefonÃa móbil. Esta achega,
denominada Rede 4G Garantida, poderá ser solicitada dende a
aplicación móbil O meu Vodafone
(servizo de autoxestión que facilita ao cliente a consulta e
control do seu perfil de usuario) e o cliente poderá gozar de 1GB
adicional nas 24 horas seguintes á solicitude sen realizar ningunha
xestión adicional.
O meu Vodafone achega
o servizo Rede 4G Garantida e un medidor da calidade de Rede.
Asemade, para que os clientes poidan medir e facer seguimento da
calidade da rede en tempo real, O meu Vodafone conta cunha
nova ferramenta que permite realizar test de velocidade sen consumir
datos da tarifa. Os clientes tamén poden facer seguimento do uso de
datos móbiles, o consumo de datos feito por cada aplicación nos
últimos 30 dÃas e o consumo de datos realizado a través das
conexións Wi-Fi.
Cómpre salientar que o
número máximo de compensacións de 1GB será de 1 vez ao mes e 3
veces ao ano por cliente. Esta iniciativa permitirá aos clientes
gozar sen contratempos da mellor rede de voz e de datos en España
segundo un estudo independente realizado por P3 e pola revista de
telecomunicacións Connect.
A Rede 4G Garantida está
dispoñÃbel dende hoxe para particulares tanto de contrato como de
prepago-, autónomos e microempresas (empresas de até 5 empregados).