Vodafone achegará servizos de telecomunicación ao transporte público de Barcelona

xoves, 8 de outubro do 2015 Redacción

Vodafone achegará servizos avanzados de telecomunicación ao transporte de Barcelona. Así o deu a coñecer esta semana a operadora, que foi adxudicada pola empresa pública Transports Metropolitans de Barcelona para a prestación de servizos por un período de tres anos prorrogábel por “1 + 1”. Segundo informa a compañía, o desenvolvemento do proxecto xa comezou e está previsto que remate este mes de novembro. A adxudicación a Vodafone formalizouse a través de concurso público.
A operadora resultou gañadora pola “calidade e as vantaxes que ofrecía con respecto ás necesidades de TMB”, sinala a compañía, que para este servizo ten previsto facer no ámbito da dita empresa de transportes “unha completa reestruturación da súa rede de telefonía fixa e datos cara a unha solución máis moderna e innovadora, así como unha migración das liñas fixas e móbiles á rede de Vodafone”. Entre as solucións incluídas na súa proposta, Vodafone salienta o proxecto de migración da voz fixa a TruckSIP (voz sobre IP), que “permitirá xestionar de forma máis eficiente a súa rede de datos, cunha importante mellora na calidade das comunicacións e co consecuente aforro en custos que a medios prazo supón implementar este tipo de tecnoloxías”. Por outra banda o proxecto abrangue tamén a instalación dunha plataforma MDM que garantirá a seguridade dos datos internos.

PUBLICIDADE