Vodafone Yu terá unha nova oferta de fibra óptica para estudantes

martes, 30 de xullo do 2019 Marcus Fernández

Dende Vodafone buscan un ano máis achegarse aos estudantes durante o curso académico (ao igual que fixeron o ano pasado), de xeito que entre o 1 de agosto e o 31 de outubro ofertarán a Fibra Yuser de 600 Mbps a un prezo promocional de 30,99 euros/mes durante un ano (pasado ese prazo o servizo pasará a custar 42,99 euros/mes), o que pode supor unha oferta interesante para moitos estudantes grazas ao detalle de que a fibra óptica de Vodafone Yu permite a posibilidade de suspender o servizo até 3 meses nos períodos nos que os estudantes non se atopen na súa residencia habitual.
A Fibra Yuser carece de compromiso de permanencia e tampouco ten cota de instalación sempre que o cliente sexa quen de autoinstalar o servizo (en caso de precisar a axuda dun técnico o custo da instalación sería de 70 euros).

PUBLICIDADE