Vodafone One oferta máis do dobre de velocidade coa súa fibra Ono

xoves, 11 de agosto do 2016 Redacción

A operadora de telefonía Vodafone vén de anunciar que achegará máis do dobre de velocidade coa fibra Ono nos seus paquetes converxentes de Vodafone One (todo nun) e polo prezo de velocidades inferiores. Máis polo miúdo, a partir do 16 de agosto e até o 31 de outubro, todos os novos clientes poderán levarse Fibra Ono 300 Mbps ao contratar Vodafone One con Fibra Ono 120 Mbps e Fibra Ono 120 Mbps ao contratar Vodafone One con Fibra Ono 50 Mbps, sen compromiso.
Con esta promoción Vodafone quer garantir aos fogares unha conexión a Internet de calidade, de alta velocidade e cunha instalación personalizábel e de balde, que faga posíbel a conexión de multitude de dispositivos conectados a unha mesma rede. Así, cunha conexión de 300 Mbps de velocidade é posible conectar máis de 10 dispositivos ao tempo e coa máxima calidade. No caso dunha conexión de 120 Mbps, poderanse conectar entre 6 e 10 dispositivos de xeito simultáneo sen perder calidade de conexión.
Informar que a duración desta promoción será de 9 meses e ao finalizar este período os clientes volverán á súa velocidade contratada, no caso de 120 Mbps a 50 Mbps e no caso de 300 Mbps a 120Mbps.
Engadir, por último e a xeito de curiosidade, que a Fibra Ono de Vodafone One foi a primeira fibra que se despregou en España.

PUBLICIDADE