Vivo desembarcará en España en outubro

luns, 28 de setembro do 2020 Marcus Fernández

O grupo BBK Electronics, propietario de marcas como Oppo, OnePlus e Realme, quere completar a súa presenza no mercado español, e en outro traerá oficialmente a súa marca principal, Vivo, que tiña previsto presentar oficialmente no frustrado Mobile World Congress de Barcelona, e que por fin chega ao noso mercado para tentar facerse un oco no segmento de móbiles de preto dos 300 euros segundo Europa Press.
Aínda que Vivo ten unha ampla gama de smartphones, habitualmente deixaba os dispositivos de gama alta para Oppo, centrándose en teléfonos máis populares, que en poucas ocasións chegamos a ver en Europa (onde tiñamos acceso precisamente aos menos frecuentes móbiles de gama alta de Vivo), e unha vez que chegue oficialmente a España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia e Polonia, podemos ver como o seu catálogo pode atender as demandas dun público moi amplo, que busca principalmente dispositivos con prezo axustados.
Confíase que entre os primeiros móbiles que traia Vivo estea a súa familia Y, entre a que non faltan móbiles con 5G bastante económicos, así como tamén veremos a familia Vivo X (con prezos máis próximos aos 400-500 euros), mentres que os móbiles de máis alta gama non está previsto que cheguen inicialmente a España e o resto de mercados europeos nos que se estrean o mes que vén.

PUBLICIDADE