Vitae fai balance do curso académico

mércores, 5 de xullo do 2023 Redacción

Remata o ano académico de Vitae e toca facer balance neste punto de inflexión, para o que conversamos con Ana Carbonell, consultora de Organización, Comunicación e Recursos Humanos, e responsable da Área de Comunicación da compañía.

- Fálanos dalgúns dos logros da consultora en materia de actividade formativa, por exemplo a cantos profesionais chegastes cos vosos cursos ou cantas persoas foron entrevistadas en procesos de selección.
- Nos nosos 17 anos de vida empresarial temos formado a 32.000 profesionais, e entrevistado para procesos de selección a máis de 14.000, cifras das que nos sentimos moi orgullosos.
Somos a única consultora en Galicia en impartir cursos de Selección Avanzada de Perfiles TI levando xa 19 edicións impartidas; ademais, somos líderes en varias áreas formativas como as Metodoloxías Áxiles, contando o noso Curso en Aberto de Dirección e Xestión de Proxectos TI Áxiles con SCRUM con 46 edicións celebradas dende 2009 coa 47ª en camiño este seguinte trimestre.

- Houbo algún cambio substancial para a vosa actividade dende que se impuxo, en parte pola pandemia, a modalidade de formación online en Vitae Consultores a través da súa aula virtual?
- Debido ao cambio no mercado da formación propiciado pola pandemia, recibimos máis oportunidades no ámbito nacional e incluso internacional, pero ao mesmo tempo xurde más competencia xa que non nos limitamos á área xeográfica galega senón que competimos con empresas de, literalmente, todo o mundo.
Isto suponnos un reto que xa víamos vir e para o cal preparámonos con antelación, ao mesmo tempo que nos permite a expansión da nosa carteira de clientes fóra de Galicia.
Por outro lado, en selección xa tiñamos coñecemento e ferramentas para continuar coas nosas actividades ao mesmo nivel que antes da pandemia devido a que a nosa metodoloxía xa era 100% virtual. Tampouco nos afectou a nivel organizativo interno xa que levamos apostando polo teletraballo case dúas décadas.

- A que tipo de empresas dades servizo? Empresas pequenas, medianas ou de gran envergadura? De que tipo de sector? Apreciades algún cambio de rumbo nos últimos tempos neste sentido?
- Damos servizo a unha grande variedade de empresas, dende PYMEs e Startups cuns poucos empregados ata empresas de gran envergadura e presencia internacional con ata 600.000 traballadores. Moitas destas empresas levan máis de 10 anos colaborando connosco, o que pon de manifesto unha gran confianza e satisfacción con Vitae.
Os principais Sectores nos que nos movemos son o Sector TI, de RRHH e Tecnolóxico, pero tamén beneficiamos a outros sectores como a Automoción ou o Téxtil xa que os nosos cursos non se limitan á área técnica, senón que ofrecemos formación de habilidades persoais e directivas ademais de organizativas.
Hai que comentar que ultimamente detectamos un gran cambio debido á transformación dixital. Cada vez máis, os postos de traballo en calquera sector estanse tecnificando. Isto é, necesítanse máis coñecementos TI para postos de traballo que non son puramente do Sector TI. Gracias a isto estamos percibindo unha maior demanda de cursos para perfiles non TI en áreas como Análise e Tratamento de Datos e de ferramentas de Comunicación e Ofimática Avanzada tanto en local como na nube.

- Nun artigo recente os medios especializados puxeron o foco no voso carácter pioneiro en procesos online e de teletraballo. É Vitae unha consultora adiantada ao seu tempo neste ámbito? Por que credes que é así?
- Por suposto, xa que Vitae foi a primeira Consultora que comezou a realizar procesos de selección a distancia sen entrevistas presenciais, só con videochamadas e chamadas telefónicas no 2007 cando era un método moi pouco habitual en empresas españolas, inspirándonos nas prácticas de grandes empresas multinacionais americanas que xa utilizaban estas metodoloxías nos seus procesos de selección.
Ademais, Vitae comezou a implantar o teletraballo a xornada completa e a metodoloxía de traballo 100% virtual na empresa tamén no 2007, case 20 anos antes da revolución que supoñería a pandemia. Iso deunos o saber facer e a preparación suficiente para facer fronte á crise que aveciñouse no seu momento. Nisto, considerámonos pioneiros dentro da área de RRHH.

- Seguimos co balance. Fálanos dos froitos colleitados por Vitae este ano. Que poderíamos destacar?
- Seguimos sendo líderes e referentes en Galicia en formación especializada para o Sector TI e en Selección de Perfiles de alto nivel, sobre todo Directivos TI e Xestores de Proxectos TI.
Este ano en Vitae ampliamos o noso equipo de formadores para enfrontarnos aos novos retos que afrontan os nosos clientes este 2023, e centrámonos nas áreas formativas de xestión de equipos e habilidades persoais con cursos sobre Liderado e Xestión de Equipos en Proxectos TI Áxiles, Resolución de Conflitos e Habilidades de Comunicación para Equipos TI.
Destacamos a gran acollida que tivo a Formación en Aberto de People Analytics, un curso sobre un reto constante das empresas actuais como son as prácticas de retención do talento na empresa. Este curso tivo unha gran demanda, interesándose nel as empresas máis importantes e coñecidas de Galicia ademais de multinacionais tanto españolas como estranxeiras, chegando a ter lista de espera nesta primeira edición o que levou a programar unha segunda xa a principios de este próximo trimestre.
Outros temas que paga a pena destacar pola súa gran demanda son o sistema de Microsoft 365, incluída a novidosa funcionalidade con IA na que varias empresas estanse interesando. Seguindo coa IA, este ano comezamos a impartir cursos de IA para desenvolvedores con ferramentas como Chat GPT e Copilot, entre outras. A IA vén pisando forte e en Vitae sumámonos a esta tendencia á alza.
Por último, mencionar que ampliamos o equipo de traballadores de Vitae co meu posto como Consultora de Comunicación, Organización e RRHH. Ocúpome principalmente da área de Comunicación tanto interna como externa, ademais de apoiar e colaborar na organización das diversas ramas de Formación, Consultaría e RRHH.

- Agora podemos falar un pouco de futuro e de plans e proxectos. Que ten preparado a consultora para o seguinte trimestre e o vindeiro ano académico? Algunha novidade en materia de redes sociais? Algunha actividade formativa nova?
En materia de Formación, Vitae ten tres áreas temáticas fundamentais: Habilidades Técnicas, Habilidades de Xestión de Proxectos, e Habilidades Persoais e Directivas.
Na área Técnica, para este seguinte Trimestre centrarémonos en ferramentas para xerar Software e Sistemas de maior calidade e maior seguridade coas nosas formacións en GIT para a Xestión do Código Compartido, en Testing de Código co noso curso xa veterano que permite obter a Certificación ISTQB, e en materia de Ciberseguridade co noso curso en Desenvolvemento Seguro para Ciberataques, o cal foinos solicitado por unha importante empresa do Sector da Alimentación con moi boas valoracións xa que lles foi de gran utilidade para mellorar a súa Ciberseguridade.
Na área de Xestión de Proxectos, daremos protagonismo á axilidade en dous aspectos: o primeiro é a Estimación de Recursos e Traballo en Proxectos Áxiles, e o segundo é o Escalado da Axilidade dentro de grandes empresas.
Na área de Habilidades Persoais e Directivas poñeremos o foco na creación e retención do talento na empresa cos nosos cursos de Realización de Entrevistas de Selección por Competencias e de People Analytics na súa altamente esperada segunda edición, e na Xestión e Liderado de Equipos cos nosos cursos de Habilidades de Comunicación para Equipos TI, de Liderado e Xestión de Equipos, e de Resolución de Conflitos.
E por último, en materia de Redes Sociais, estamos traballando en solidificar a nosa imaxe de marca e en expandirnos a Twitter e Instagram. Na bandexa de saída temos publicacións variadas que destaquen non só os nosos servicios, senón tamén información útil para o noso público obxectivo dende conceptos técnicos a habilidades persoais e trucos para mellorar a súa busca de emprego. Véñense cousas moi interesantes que esperemos nos fagan chegar a máis xente para que se poidan beneficiar dos nosos servizos.

- Que papel credes que desempeña Vitae na transformación e na excelencia do noso sector tecnolóxico e innovador?
- En Vitae sempre nos sentimos orgullosos do noso carácter pioneiro: fomos os primeiros en impartir formacións de Power BI, Big Data, Desenvolvemento Seguro ante Ciberataques e Testing de Código con Certificación ISTQB en Galicia, ademais de promove-la saúde mental e emocional en empresas con cursos de Psicoloxía Cognitiva e Contextual para xestiona-las emocións e o estrés no traballo.
Remarcamos os nosos anos de experiencia, a nosa constante evolución e adaptación ao mercado, e que contamos cun gran equipo de formadores e contactos. Cabe destacar non só a calidade dos nosos cursos, senón tamén a nosa experiencia en procesos de selección – levamos máis de 15 anos axudando tanto a persoas a desenvolver as súas carreiras profesionais como a empresas a encontrar talento de calidade adecuado as súas necesidades.
Gracias á nosa gran experiencia e estándares de calidade, levamos e seguiremos levando a cabo con moi bos resultados a nosa principal misión: axudar ás empresas a mellorar a calidade e seguridade dos seus software e sistemas, ademais da xestión dos seus proxectos e equipos.

PUBLICIDADE