Vitae achega metodoloxías de comunicación cliente-provedor para garantir o éxito de proxectos TIC

mércores, 29 de marzo do 2017 Redacción

Vitae Consultores, no seu camiño de axudar a que os nosos profesionais TIC sexan aínda máis TIC, impulsou estes días unha nova actividade formativa directamente encamiñada a optimizar o diálogo entre usuarios e avaliadores na captura de requirimentos. O obradoiro Técnicas e habilidades humanas na investigación, captura e análises de requisitos estase a impartir este mes de marzo. A súa orixe, a súa razón de ser, están na propia evolución das novas tecnoloxías, un devir no tempo (unha perspectiva) que nos serve para ver os porqués do fracaso dos proxectos de servizos TIC que remataron en fracaso. Segundo explica Vitae, boa parte desas iniciativas que non chegaron a bo porto fallaban nunha pouco axeitada identificación e xestión dos requisitos.
En palabras da consultora galega, un dos principais desafíos da enxeñaría de software e sistemas é conseguir que o analista entenda a fondo os problemas e necesidades do negocio, e acadar que os resultados comprendan como a solución proposta polo analista resolverá estas necesidades. Para atallar esta problemática xurdiu precisamente o devandito obradoiro de Vitae, que se está a desenvolver este mes de marzo nunha das consultoras galegas máis referenciais, con máis de 800 empregados e con sede en Santiago de Compostela.
Con este curso, sinala Vitae, “preténdese fornecer as pautas metodolóxicas para facer unha investigación eficaz das necesidades dos usuarios, mostrando unha metodoloxía baseada na integración de habilidades técnicas, habilidades interpersoais e actitudes para conseguir a correcta identificación de requisitos e que se alcance o acordo desexado e consciente, entre cliente e provedor, sobre o sistema ou servizo a desenvolver”.
O programa está dirixido a analistas de negocio e funcionais, xefes de proxecto, enxeñeiros de desenvolvemento e interlocutores con TI en áreas de negocio. “O que queremos”, engaden os formadores de Vitae, “é conseguir unha visión de equipo entre cliente e provedor que conduza ao éxito do proxecto”.
Por outro lado, lembrar que prosegue a liña estratéxica da consultora tecnolóxica galega na súa misión de ampliar a formación dos nosos profesionais no sector TI. Vitae, ao fío disto, está a preparar novos proxectos e obradoiros centrados tanto na área tecnolóxica como humana:
· Curso de avaliación e selección avanzada de perfís TI (e non TI) baseada en neurociencia, 6ª Edición.
· Curso de Agile Tester Foundation.
· Curso de experiencia de usuario e usabilidade en proxectos web.
· Protocolos ante ciberataques e incidentes en seguridade TI.
· Xestión multiproyecto: onde as metodoloxías preditivas e áxiles non chegan.
· Curso en dirección e xestión de proxectos TI Áxiles con SCRUM, 18ª edición.
· Curso de Angular 2.

PUBLICIDADE