VilagarcÃa lanza 14 cursos para loitar contra a fenda dixital
xoves, 2 de xullo do 2020
A
ConcellerÃa
de Promoción Económica e Emprego de VilagarcÃa retomou estes dÃas
as actividades do programa de Inclusión e Capacitación Dixital que
non puideron comezar a celebrarse en marzo, como estaba previsto,
debido ao confinamento polo COVID19. Dende o departamento que dirixe
Alba Briones lémbrase que está prevista a realización de 14 cursos
de diferente temática, adaptados aos diversos niveis de coñecemento
dixital das usuarias e usuarios. As actividades, que se dirixen a
loitar contra a fenda TIC no concello, son de balde e están
dirixidas a maiores de 18 anos. Vanse impartir de forma presencial na
aula CeMIT do Centro de Formación de Matosinhos até finais de ano.
Segundo
informou a ConcellerÃa de Promoción Económica e Emprego, a oferta
desta edición componse de 14 cursos diferentes, repartidos en cinco
bloques temáticos que, comezando dende o nivel de iniciación en
temas informáticos, van aumentando en grao de complexidade co
obxecto de facilitar unha formación completa ao alumnado.
O
primeiro bloque será o de Inclusión Dixital e nel inclúense os
cursos dirixidos a persoas con pouco ou ningún coñecemento. Son os
de Iniciación á informática e Internet para
adultos, Correo electrónico: webmail e Seguridade na
Rede.
Cunha
orientación máis profesional deseñouse o segundo bloque temático
sobre Ofimática en Software Libre composto de catro cursos:
Procesador de textos, Folla de Cálculo, Elaboración de
presentacións e Base de datos.
Dada
a finalidade última deste programa formativo -a busca de emprego e
acceso ao mercado laboral-, o terceiro bloque temático refÃrese á
Orientación ao Emprego e nel impartiranse cursos sobre Redes
Sociais e procura de Emprego e de Deseño dun perfil
profesional. Esta última acción formativa inclúese por
primeira vez na carta do programa.
O
cuarto bloque temático versa sobre Capacitación avanzada en
ferramentas TIC. Neste apartado impartiranse os cursos de Deseño
de páxinas webs con Wordpress, e dous que se inclúen por
primeira vez no programa: Deseño de contidos interactivos: Canva
e Genially e Sincronización de dispositivos e control
parental.
Por
último, atendendo ás necesidades da vida cotiá e ás esixencias
dos trámites online coas entidades públicas, o último bloque
temático céntrase precisamente na Administración Electrónica.
Aquà inclúese un curso que xa se impartiu na pasada edición para
formar aos usuarios sobre o procedemento de realización de Trámites
electrónicos, con especial atención ao uso e funcionamento da
sede electrónica do Concello de VilagarcÃa. O segundo curso deste
bloque versará sobre o Uso do DNI electrónico e o Certificado
Dixital.
Os
cursos serán impartidos por persoal especializado da Consulta Kaeme,
nas dependencias dado Centro de Matosinhos. As inscricións poden
realizarse xa no centro de Matosinhos en horario de 9 a 14 horas. Os
interesados poden anotarse a máis dunha acción formativa e tamén
poderán elixir o horario que máis lle conveña. A formación é
presencial e a duración dos cursos é de 15 e 30 horas lectivas, coa
excepción dos do último bloque temático, que será de 4 horas en
cada unha das accións formativas.