Os finalistas da quinta edición de Altia Premia presentan os seus traballos ante o xurado

venres, 9 de febreiro do 2024 S. P.

Este xoves 8 de febreiro as/os cinco finalistas da V Edición de Altia Premia, presentaron os seus traballos de fin de grao ante o xurado, conformado por representantes de Altia e da Universidade de Santiago. A cita foi no salón de actos da ETSE (a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC). Altia e a Universidade salientaron a gran calidade dos traballos.
En concreto, o xurado eloxiou o alto nivel das presentacións realizadas polos finalistas: Alberto Ruibal, Aldán Creo, Diana Mascareñas, Guillermo Blanco e Nicolás Vilela.
O fallo do xurado farase público a última semana de febreiro.
Os finalistas presentaron os seus traballos ante o xurado, composto por Josefina Fernández, Ana Castro, Miguel Ares e José Ramón Tubío, por parte de Altia; e María Jesús Taboada e Alberto Suárez, por parte da Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela.
Os finalistas
Alberto Ruibal co seu proxecto Aplicación móbil Android de axuda na enfermidade de Crohn.
Aldán Creo co seu proxecto Xeración automática de resumos mediante técnicas de procesamento da linguaxe natural.
Diana Mascareñas co seu proxecto HayPlan: aplicación móbil Android para a organización de plans e eventos.
Guillermo Blanco co seu proxecto Predición de variables de monitoraxe do campo galego: unha aproximación mediante aprendizaxe automática a datos de sensórica ambiental.
Nicolás Vilela co seu proxecto Deseño de EfficientNets para a clasificación de imaxes multiespectrales usando técnicas de aprendizaxe profunda.
Sobre Altia Premia
Altia Premia é unha iniciativa conxunta entre Altia e a ETSE deseñada para fomentar a formación e o talento dixital entre os estudantes de Grao en Enxeñería Informática. O premio busca recoñecer o esforzo e a paixón das e dos estudantes, outorgando ao gañador un premio de 1.500€.


PUBLICIDADE