Vigo conta con cabinas para acceder á Internet de balde
venres, 11 de xullo do 2008
- Abel Caballero probando un dos novos puntos de acceso libre á Rede
Abel Caballero, alcalde de
Vigo, presentou este xoves 11
puntos de acceso público á Internet distribuÃdos pola cidade
olÃvica dos que xa funcionan 3 (na Praza da Independencia, no Paseo de Alfonso
e no Calvario). Estes sistemas teñen unha aparencia externa semellante á dunha
cabina telefónica e permiten aos cidadáns acceder á Rede durante 10 minutos a
calquera hora. Contan unha pantalla de 17 polgadas de alta luminosidade (para
poder operar baixo a luz do sol) e se manexan cun trackball.
Esta iniciativa pioneira en Galicia espallarase a 8 puntos máis de Vigo, coma o
Centro Comercial A Laxe, a rúa do PrÃncipe ou as Prazas de España e América. Caballero
declarou que o proxecto é unha oportunidade «para calquera de nós, que nun momento
determinado necesitemos información e non teñamos acceso a Internet, e para os
turistas que visitas Vigo e precisan consultar algo na Rede».