Viber estrea servizo de chamadas telefónicas internacionais

martes, 10 de decembro do 2013 Marcus Fernández

A popular aplicación de mensaxería instantánea para dispositivos móbiles, Viber, que destacaba no seu día por permitir facer chamadas de voz de balde entre usuarios do servizo (a través de VoIP) dá un importante paso ao estrear o servizo Viber Out, que permite facer chamadas a liñas telefónicas fixas e móbiles de todo o mundo a baixo costo.
Este novo servizo está dispoñible actualmente para usuarios da aplicación de Viber para iOS, Android e escritorio, agardándose que chegue a Windows Phone en breve e, ao igual que Skype, funciona en base á compra de crédito en chamadas por parte do usuario, pero cuns prezos máis competitivos que a plataforma de comunicación de Microsoft.
Con este tipo de prestación Viber consegue diferenciarse de competidores como WhatsApp, LINE ou WeChat, conseguindo así consolidar a súa base de 200 millóns de usuarios rexistrados.

PUBLICIDADE