Venden HotOrNot.com por 20 millóns de dólares

martes, 12 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

En outubro de 2000, James Hong e Jim Young fundaron en San Francisco a web HotOrNot, que presenta fotografías de persoas para que o usuarios poidan puntuar o seu atractivo físico, o que se converteu nunha actividade de lecer bastante demandada, que incrementou considerablemente o valor da empresa ata os 20 millóns de dólares, prezo polo que veñen de vender a compañía a un grupo de inversores asociados coa empresa canadense Avid Life Media.
Os novos propietarios crearán unha nova empresa, HotOrNot Media, na que os fundadores de HotOrNot non estarán involucrados, e mesmo aseguran que non volverán ó duro traballo de emprender novas iniciativas.

PUBLICIDADE