Vedra dota de conexión sen fíos e de balde catro puntos do concello

venres, 18 de febreiro do 2022 S. P.

A través da iniciativa WiFi4EU, que promove o libre acceso da cidadanía a conexións Wi-Fi abertas e gratuítas en espazos públicos de municipios de toda Europa, o Concello de Vedra habilitou este mes de febreiro Internet sen fíos e gratuíto en diferentes espazos públicos do territorio municipal.
En concreto, a través do programa WiFi4EU o concello coruñés conta con 4 puntos de acceso á rede Wi-Fi de alta velocidade, que estarán a disposición da cidadanía que estea no seu radio de acción. As persoas que queiran tirar proveito deste servizo só terán que achegarse ás contornas conectadas, buscar a conexión WiFi4EU, facer o rexistro na páxina indicada e, para rematar, facer uso da rede de balde.
Os puntos de acceso son os seguintes:
- Casa do Concello
- Punto de Información Turística en Ponte Ulla
- Centro de Emprendemento “A Estación”
- Centro Sociocultural

PUBLICIDADE