Ve a luz o emulador de PlayStation para iPhone

mércores, 26 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O xogo Buster Bros dende o emulador de PlayStation para iPhone

Hai 2 semanas se anunciou que estaban a traballar no desenvolvemento dun emulador de PlayStation para o iPhone, e agora xa se pode descargar unha versión bastante avanzada da nova aplicación que, se ben non serve para xogar en tempo real ós títulos para PSX, si permite unha lenta emulación da consola de Sony que incluso permite a reprodución de xogos con gráficos tridimensionais.


Emulación do xogo Tekken 3 no iPhone

Resulta impresionante que se completen este tipo de aplicacións cando aínda non existe un SDK oficial para o iPhone (que chegará en febreiro de 2008). No caso do PSX4All hai que destacar que o emulador precisa dunha copia da BIOS da consola de Sony para funcionar, polo que a aplicación en si mesma sería legal, pero a copia do ficheiro en cuestión sería dunha legalidade dubidosa, pois aínda que a PSX estea descatalogada, os xogos para a mesma están recuperarse coma descargas para a PSP.

PUBLICIDADE