VLC estrea versión de proba para Windows Phone 8.1

luns, 5 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

De xeito un tanto imprevisto emerxeu na tenda de descargas de Windows Phone unha versión de proba do popular reprodutor multimedia VLC, que facilita a visualización de practicamente calquera formato de vídeo e audio sen complicacións para o usuario, e que aquí tería a súa primeira achega ao sistema operativo móbil de Microsoft.
Esta aplicación permite a reprodución dos vídeos e a música que teñamos no móbil, como un reprodutor alternativo que ofrecería tamén a posibilidade de correr vídeo en MKV ou audio en Ogg ou FLAC, evitando así que o usuario teña que converter os ficheiros multimedia para o seu uso, aínda que cómpre destacar que estamos aínda ante unha aplicación bastante inmadura e inestable, á que en breve incorporarán melloras, corrección de fallos e incluso funcionalidades como facer scrobbling en Last.fm.

A aplicación pode reproducir vídeo en distintos formatos

PUBLICIDADE