Uns premios recoñecen os maiores fiascos das TIC no último ano
mércores, 28 de xaneiro do 2009
Os Fiasco Awards son
unha iniciativa privada sen ánimo de lucro que quere premiar aos mellores
proxectos, ideas, produtos ou servizos do sector das TIC que remataron
converténdose nun auténtico fiasco,
para manter vivo o espÃrito crÃtico vivo no sector, potenciar unha actitude positiva
cara ao fracaso (entendéndoo coma unha etapa no camiño do éxito) e, de paso,
divertir aos participantes.
A iniciativa está apadriñada pola Asociación Catalá de Enxeñeiros de
Telecomunicacións, polo que non sorprende que entre os candidatos da primeira
edición aparezan varias iniciativas que se limitaron ao seu ámbito xeográfico,
coma Autonòmix, Maresme Digital ou o SAGA, pero o resto de candidatos poden
resultar recoñecibles a nivel estatal e mesmo global, pois son: Google Lively,
a radio dixital, Mobuzz TV, o proxecto One Laptop Per Child, Second Life e Windows
Vista.
A votación destes premios está aberta ata o dÃa 25 de febreiro, para que o dÃa
26 poida celebrarse unha festa na que se darán a coñecer os gañadores do
concurso que funciona mediante votación popular.
Botando un ollo aos candidatos desta primeira edición podemos distinguir
claramente a proxectos mal xestionados, servizos que non resultaron viables
economicamente e produtos dos que se vendeu
a moto sobrevalorándoos, polo que a realidade supuxo un duro golpe para
eles. ¿Cal destas categorÃas é a que o público considera que digna de chamar fiasco? En poucas semanas o saberemos.