Unha xornada abordará os efectos da innovación inclusiva no sector TIC
martes, 27 de setembro do 2022
A Facultade de EconomÃa e Empresa da UDC organiza xunto co
Concello da Coruña e en colaboración coa asociación empresarial Rede Mundo
Atlántico, as xornadas A Era da Innovación Inclusiva e os seus efectos sobre
os proxectos sociais, tecnolóxicos e culturais que se celebrarán os dÃas 28
de setembro e 3 e 5 de outubro, en horario de mañá, na aula Magna da Facultade
de EconomÃa e Empresa da Universidade da Coruña.
A inauguración oficial das Xornadas terá lugar mañá,
mércores 28 de setembro ás 09:30 e correrá a cargo do catedrático e decano da
Facultade de EconomÃa e Empresa, Manuel Gómez Suárez. Tras a inauguración
arrincará un completo programa de relatorios que, nesta primeira xornada, abordará
o tema da innovación inclusiva no sector das TIC.
Neste primeiro dÃa de actividade intervirán relatores como
Manuel Balseiro (Inetum), que falará no seu relatorio sobre as claves para a
xestión de tecnoloxÃas disruptivas, ou como SÃlvia Fraga (Plexus Tech) que
presentará o seu relatorio A R-evolución dixital e o reto de humanizar a
tecnoloxÃa. A xornada do mércores pecharase ás 13:30, coa intervención do
emprendedor Ramón Castro Neira (Truckters) que contará como é a metodoloxÃa de
traballo nunha startup. Nesta primeira xornada de conferencias estará tamén
presente o presidente da Asociación Empresarial Rede Mundo Atlántico, Mariano
Gómez-Ulla.