Unha xornada abordará as tecnoloxías en mobilidade como factor clave para mellorar a competividade das empresas

luns, 9 de novembro do 2015 Redacción

O Centro Demostrador TIC organiza en colaboración co Clúster TIC o día 25 de novembro nas súas instalacións a xornada Smartpeme, PEME móbil e conectada. O aforo da sala está limitado polo que para asistir é preciso inscribirse a través da páxina web do CDTIC.
SmartPeme, PEME móbil e conectada ten como obxectivo ser un punto de encontro onde empresas de diversos sectores de actividade reflexionen conxuntamente sobre unha realidade ineludible: é o momento de levar ás empresas o que xa é normal nas rúas.
Durante a xornada daranse a coñecer os beneficios que a mobilidade aporta ás empresas, sobre todo os relacionados coa produtividade das mesmas, na relación cos clientes ou nos procesos de fabricación e produción. Asemade, o encontro busca ser un escaparate para que PEME galegas coñezan de primeira man provedores TIC que poidan converterse nos seus aliados tecnolóxicos no seu proceso de transformación dixital e adaptación á mobilidade empresarial.

PUBLICIDADE