Unha xornada abordará as novas competencias dixitais no eido sociosanitario o vindeiro dÃa 28
xoves, 23 de xullo do 2015
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia
(CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan o vindeiro martes a
xornada Faite profesional dixital do ámbito sociosanitario, encontro integrando
na campaña de divulgación e difusión
de novos perfÃs profesionais na era dixital 1
mes, 1 profesión dixital e desenvolverase na Cidade da Cultura de
Galicia, en Santiago de Compostela.
Os asistentes ao evento coñecerán, da man de destacados expertos e profesionais
na materia, novas competencias e habilidades profesionais que se están a
demandar no mercado laboral actual no eido sociosanitario. Os relatores exporán
as caracterÃsticas e requisitos do seu labor e perfil profesional, tanto de
xeito individual como nun debate conxunto e aberto ao público.
O encontro desenvolverase de 10:30 a 14:00 horas no salón 2 do Edificio CINC da
Cidade da Cultura de Galicia. A inscrición pode realizarse
en liña de xeito libre e gratuÃto.
Programa e relatores
Tras a benvida institucional, a cargo do presidente do CPEIG, Fernando
Suárez, intervirán o coordinador autonómico da Cruz Vermella, JoaquÃn Varela, e
Marta Durán, responsable de Atención ao Cliente Zona Oeste de SARquavitae para
abordar a atención xerontolóxica e a xeriátrica dixital.
A continuación, Julio GarcÃa Comesaña, subdirector xeral de Ordenación
Asistencial e Innovación Organizativa do Sergas, e Teresa MartÃnez Ramonde,
xefa do Servizo de EndocrinoloxÃa do CHUAC, falarán do fogar dixital e da
consulta médica non presencial.
Pola súa banda, o subdirector xeral de Sistemas e TecnoloxÃas da Información da
ConsellerÃa de Sanidade, Benigno Rosón Calvo, abordará o Big Data. Como última
intervención do dÃa, Gonzalo GarcÃa Figueroa e Lola Lago Rincón, do Grupo
Promedia, falarán de aplicacións móbiles. Como remate da xornada, abrirase un
coloquio entre os relatores e o público.