Unha universidade holandesa aposta por un robot educativo galego

xoves, 4 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Robobo, o robot educativo de Mint Lab (spin-off da Universidade da Coruña), adoptado por institucións educativas de diferente índole (desde universidades a centros de estudos primarios) celebra agora que conseguiu gañar un espazo especial no corazón da Vrije Universiteit Amsterdam de Holanda.
Esta universidade, un dos centros educativos máis relevantes e recoñecidos de Europa, que comezou a traballar con Robobo fai uns cantos anos, decidiu incorporar un importante número de novas unidades ao seu stock, converténdose nunha das grandes valedoras desta invención, con orixe en Galicia.
A Vrije Universiteit utiliza Robobo como ferramenta educativa básica para a materia de mestrado Learning Machines, unha das súas principais formacións.

A Vrije Universiteit xa contaba con numerosas unidades do Robobo de Mint Lab

PUBLICIDADE