Unha tese doutoral sostén que o negocio da música medrou na última década pese á dixitalización

mércores, 15 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Na gráfica podemos observar coma o volume total do negocio da música apenas mudou na última década, aínda que cambiou o peso que toman os seus distintos sub-sectores: os directos e os dereitos de autor compensan a caída das vendas

Unha tese doutoral elaborada por estudantes da Escola Noruega de Administración analiza o negocio da música entre 1999 e 2009 para coñecer o efecto da dixitalización no sector, que tería coma consecuencia a proliferación da distribución de contidos por canles non oficiais, o que provocou un importante cambio na situación económica da industria en Noruega (o que podería trasladarse ao resto do mundo) pero a algúns podería sorprenderlle que os ingresos do sector pasaron de 1.400 millóns de coroas noruegas a 1.900 millóns en 10 anos, o que suporía un incremento do 4% de termos en conta a inflación.
Pero non só medrou o sector en xeral, senón que se vemos o caso individual dos artistas, os seus ingresos incrementáronse un 114%, aumentando tamén un 28% o número de artistas. De todos os xeitos, os ingresos por artista tamén subiron un 66% na última década, o que foi posible principalmente a que cambiou a súa fonte de ingresos, perdendo moito peso a venda de discos e incrementándose de xeito importante o das actuacións en directo.

PUBLICIDADE