Unha publicación médica recolle un caso de WhatsAppite

luns, 24 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Cando chegou ao mercado a Wii de Nintendo algúns doutores rexistraron casos de lesións semellantes ás deportivas provocadas polo uso do seu mando, o que chegaron a alcumar como Wiiite, e dende a revista The Lancet sábese agora dunha doenza que recibe un tratamento semellante, pois definen como WhatsAppite a unha dor en ambos pulsos que padeceu unha muller de 34 anos embarazada de 27 semanas por mor de dunha maratoniana sesións dun mínimo de 6 horas respondendo mensaxes recibidas durante Noiteboa (xornada na que traballou, polo que se lle acumularan as felicitacións de Nadal).
O esforzo de soster un teléfono de 130 gramos e mover ambos polgares durante tanto tempo seguido sería o que provocaría esta doenza que tratouse mediante anti-inflamatorios sen esteroides e a prohibición de empregar o móbil para enviar mensaxes.
Realmente estamos ante un caso de tendinite nos músculos extensores longos dos polgares, polo que non estamos ante unha doenza nova, senón ante un alcume simpático que fai referencia a unha das súas causas, e que colocaríase xunto á proliferación da tenosinovite, inflamación cada vez máis habitual por mor do excesivo envío de mensaxes de texto dende o móbil.

PUBLICIDADE