Unha nova tecnoloxía permitirá borrar de xeito doado elementos das nosas fotografías

mércores, 15 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

A compañía especializada no tratamento de imaxe en dispositivos móbiles, Scalado, anunciou unha nova tecnoloxía que dan en chamar Remove e que permitiría eliminar os obxectos que non desexemos dunha fotografía tomada co móbil, como poderían ser as persoas ou os vehículos que circulen por un escenario que queremos retratar. Para realizar este borrado intelixente o móbil debe lanzar varias fotografías a refoladas, para poder diferenciar entre os distintos elementos que compoñen a imaxe, para despois elixir os que ignorar.
Scalado presentará esta nova tecnoloxía durante o Mobile World Congress de Barcelona, e é de agardar que dentro de entre 3 e 12 meses poidamos ver a función Remove de Scalado en aplicacións de cámara de distintos fabricantes de dispositivos móbiles.
Para que nos fagamos unha idea do que poderá facer esta tecnoloxía, temos o seguinte vídeo promocional:

PUBLICIDADE