Unha nova liña de axudas facilitará o aproveitamento do comercio electrónico
xoves, 28 de xaneiro do 2016
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, mantivo esta
mañá na Coruña un encontro con comerciantes na sede da Asociación Comercial de
Emprendedores de Galicia (ASCEGA) no que lles presentou
as novas liñas de apoio ao comercio galego que vén de activar a ConsellerÃa
de EconomÃa, Emprego e Industria, e que suman máis de 5,7 millóns de euros co
obxectivo de continuar a reforzar este sector.
Vázquez Abeal fixo fincapé na nova edición do programa destinado
a promover a modernización comercial, o comercio electrónico e o smart
commerce, un novo modelo de comercio intelixente que sitúa o cliente no centro
da súa estratexia, á que se destinan máis de 3 millóns de euros.
Mediante esta convocatoria, cuxo prazo de presentación de
solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 18 de febreiro, os comerciantes
poden obter apoios de ata 17.500 euros ademais de para a modernización dos
establecementos, para a posta en marcha de novos sistemas de comercialización
que combinen o comercio en liña e fóra de liña ou que empreguen as redes
sociais para a venda, para páxinas web comerciais, e para ferramentas que
melloren a xestión e o deseño dos seus produtos e o desenvolvemento e
implantación de novos sistemas de packaging
e etiquetaxe.
Tamén se poden beneficiar do programa os obradoiros artesáns,
con axudas de ata 11.500 euros, as federacións de comerciantes, con ata 3.000
euros para o desenvolvemento de sistemas de m-commerce (comercio a través do
móbil), aplicacións e webs móbiles, e as asociacións profesionais de artesáns, que
poden optar a axudas que superan os 39.000 euros para proxectos de deseño e
creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e
un deseñador.
Ademais da liña de impulso á modernización e ao smart commerce,
a ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria ten aberto o prazo de
presentación de solicitudes do programa de apoio ás asociacións de comerciantes
para a dinamización dos centros comerciais abertos e das prazas de abastos,
dotado con 2 millóns de euros, asà como a liña de apoios ás federacións e
asociacións de comerciantes de ámbito supramunicipal, dotada con 500.000 euros.
A estas axudas hai que sumar as destinadas a impulsar a transmisión comercial,
con prazo de presentación aberto ata o 31 de agosto, e as bolsas de formación
convocadas pola Dirección Xeral de Comercio, que se poden solicitar ata o 30 de
xaneiro.
A activación destes programas, aos que se irán sumando outros ao
longo do ano, forma parte do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de
Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a
competitividade do comercio de proximidade galego.