Unha nena de 9 anos acreditada coma profesional por Microsoft

martes, 23 de decembro do 2008 Marcus Fernández

M. Lavinashree é unha moza de 9 anos dunha vila da India que vén de converterse na persoa máis nova en superar o exame de certificación profesional de Microsoft (MCP), de xeito que esta nena prodixio superou o logro anterior de Arfa Karim Randhawa (quen tamén se fixera cun MCP cunha idade semellante).
A nena xa aparecía no Libro dos Records por ser capaz de recitar os 1.330 pareados do Thirukural aos seus 3 anos, e a súa extraordinaria memoria lle serviu para superar as probas de Microsoft, pese as reticencias iniciais dos responsables da compañía.

PUBLICIDADE