Unha muller deberá pagar unha multa de 222.000 dólares por compartir música a través de KaZaA
venres, 5 de outubro do 2007
- Jammie Thomas co seu avogado á saÃda do xuÃzo
A industria musical norteamericana denunciara en 2003 a 26.000 persoas de ter
compartido ficheiros protexidos por dereitos de reprodución a través da
Internet, e unha das acusadas xa rematou o seu xuÃzo ante un tribunal de
Minnesota que fallou que Jammie Thomas deberá
pagar un total de 222.000 dólares pola descarga e compartición de 24 cancións
na rede KaZaA (ou sexa 9.250 dólares por canción).
A RIAA acusaba a Jammie Thomas de compartir máis de 1.700 cancións na rede P2P
mencionada, e nesta ocasión completouse o proceso xudicial, xa que noutros
casos semellantes se están a pechar acordos extraxudiciais.
Queda por ver cómo unha muller
de 30 anos e con 2 fillos é quen de facer fronte á sanción económica
imposta, mentres a entidade norteamericana de xestión de dereitos de autor
amosa a súa satisfacción pola decisión do xurado. Aseguran que «a lei e clara, e rompela ten consecuencias».